martes, 14 de abril de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA. T. 5

Responde as seguintes preguntas.

1. Indica se é verdadeiro (V) ou falso (F).
   - As bacterias máis grandes considéranse pluricelulares.
   - Os fungos, igual ca as plantas, fabrican o seu propio alimento.
   - As plantas e as algas fabrican o seu propio alimento.
   - Al plantas terrestres non se desprazan , pero as acuáticas si.

2. Relaciona as tres columnas.
                Polvo   -                           mamífero -                  
                golfiño -                            molusco  -                       - vertebrado
     ourizo de mar -                                  peixe -
                tiburón -                      equinodermo -                       - invertebrado

3. Escribe o nome do grupo de animais a que se refire cada unha das seguintes descripcións.
   - Son ovíparos e respiran por branquias toda a súa vida:___________________
   - Respiran por pulmóns e teñen a pel cuberta de escamas:__________________
   - Carecen de patas e presentan un corpo brando e alongado:________________
   - O seu corpo é xelatinoso e presentan tentáculos para cazar:_______________

4. Escribe as diferenzas existentes entre os anfibios e os réptiles.

5. Que plantas se reproducen mediante sementes? E mediante esporas?

6. Nomea os órganos onde se encontran as esporas ou as sementes nos seguintes grupos de plantas.
   - Fentos_______________________
   - Musgos______________________
   - Anxiospermas_________________
   - Ximnospermas________________

7. Completa o texto coas palabras axeitadas.
   As plantas ximnospermas presentan flores ______________ e pouco ______________, mentres
que as anxiospermas adoitan ser _______________ e _______________.
   As plantas ximnospermas non producen ________________, xa que as súas sementes se forman
en ______________, ao contrario que as anxiospermas, que si producen ___________, no interior
dos cales se encontran as sementes.

8. Completa o esquema da páxina 73. (Exercicio 3).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

CIENCIAS DA NATUREZA. Como actividade final fai un esquema do tema 6.  "Os fungos e outros reinos"