miércoles, 3 de junio de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA.

Como actividade final fai un esquema do tema 6.  "Os fungos e outros reinos"


lunes, 1 de junio de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA.

Le a páxina 83.  OS VIRUS.

Infórmate sobre a importancia das vacinas.

viernes, 29 de mayo de 2020

miércoles, 27 de mayo de 2020

CEINCIAS DA NATUREZA

Responde as seguintes preguntas:

1. Cales son as características máis importantes que presentan as bacterias?

2. Enumera algúns beneficios  que nos aportan as bacterias.

3. Investiga:

      - Bacteria:  Yersinia pestis
      - Bacteria:  Vibrio Cholerae

4. As enfermedades infecciosas están causadas por axentes patóxenos infecciosos: bacterias, fungos, protozoos e virus. Que medidas podemos adoptar para evitar a súa transmisión?

5. Que temos no noso organismo en maior cantidade, células ou bacterias?

Bacterias buenas, ¿en qué alimentos las encontramos? | Consumer

viernes, 22 de mayo de 2020

CINECIAS SOCIAIS.

A economía e a sociedade no século XIX.

Le a páxina 100 e 101 do libro de texto.

O próximo luns porei preguntas sobre a revolución industrial e a sociedade desa época.


Revolución Industrial - Wikipedia

miércoles, 20 de mayo de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA.

AS ALGAS.

Le a páxina 81 e responde:

1. Reino ao que pertencen as algas.

2. Tipos de algas.

3. Semellanzas que presentan todos os grupos de algas.

4. Busca información sobre o uso que lle podemos dar as algas




miércoles, 13 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS.

1. Explica por que e cando se proclamou a primeira República en España.

2. En que consistiu o sistema de alternacia durante a Restauración?

3. Que feito importante ocorreu en España en 1898?  Quen reinaba?

martes, 12 de mayo de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA.

Le a páxina 80:  "O reino dos protistas"

1. Describe as características máis importantes que presentan os protozoos.
2. Indica a función que realizan pseudópodos, cilios e flaxelos.

INVESTIGA:  A  MALARIA

A malaria é unha enfermidade infecciosa producida por un protozoo que se lles transmite aos
seres humanos a través da picadura dalgunhas especies de mosquitos.

1. Como se produce o contaxio da malaria?
2. Que nome recibe o protozoo que causa a malaria?
3. Cales son os grupos de poboación máis vulnerables?
4. Enumera algún dos países que están máis afectados.
5. A canta xente mata ao ano? (dato aproximado)
6. Fálase dela nos medios de comunicación? Por que?



Mapa de distribución da malaria.


lunes, 11 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS.


A época de Isabel II.



Isabel II en 1852.

Responde:

1. Ordena nunha liña de tempo o reis e raíñas de España no século XIX.

2. Por que se produciu a primeira guerra carlista?

3. Que diferenzas había entre moderados e progresistas?




viernes, 8 de mayo de 2020

CIENCIAS SOCIAIS.

Lectura páx. 98-99.
O próximo luns fareivos unhas preguntas destas dúas páxinas.

miércoles, 6 de mayo de 2020


CIENCIAS SOCIAIS. Actividades de repaso.





CIENCIAS DA NATUREZA.

Responde as seguintes preguntas:


1. Cal é a misión dos cogomelos? 
  1. Formación das esporas do fungo
  2. Proporcionar alimentos ao micelio
  3. Evitar a salpicadura de agua 
  4. Sistema de protección mediante velenos
2. Os fungos poden causar enfermidades nos humanos como ...
  1. Lepra
  2.  Pé de atleta
  3.  Malaria
  4.  Sida
3. As células dos fungos teñen unha parede celular.
  1. Falso
  2. Verdadeiro

4. De que está composta a parede celular dos fungos?
  1. Queratina
  2. Quitina
  3. Glucosa
  4. Celulosa

5. Como se realiza a reprodución sexual nos fungos?
  1. Teñen un sistema de fecundación interna entre cogomelos da mesma especie
  2. Non realizan reprodución sexual
  3. Expulsan os gametos ao medio, onde se produce la fecundación
6. Como se realiza a reprodución asexual nos fungos
  1.  Por escisión
  2.  Por escisión e por esporas
  3. Por esporas
7. Como se chama la asociación  dun fungo e dunha alga?
  1.  Liques
  2.  Mofo
  3.  Cogomelos fotosintéticos
  4. Musgo
8. Qué tipo de reprodución teñen os fungos?
  1. Ambos tipos de reproducción
  2. Asexual
  3. Sexual
9. Como se chaman os fungos que se alimentan de seres vivos?
  1. Saprobiontes
  2. Parasitos
  3. Simbiontes
  4. Necrófagos


10. A parede celular dos fungos está composta de celulosa.
  1. Falso
  2. Verdadeiro


11. As células dos fungos carecen de cilios e flaxelos
  1. Verdadeiro
  2. Falso
12. Dende o punto de vista do número de células. Como son os fungos?
  1. Unicelulares e pluricelulares
  2. Unicelulares
  3. Pluricelulares
13. Como se chama o corpo reprodutivo dos fungos pluricelulares?
  1. Micelio
  2. Cogomelo
  3. Mofo


14. A partir de que tipo de fungos se obteñen os antibióticos?
  1. Mofos
  2. Liques
  3.  Cogomelos
15. Por que son importantes os fungos para o ecosistema?
  1. Son fonte de nutrientes para moitos animais
  2. As súas raíces removen a terra
  3. Serven de protección  a multitude de protozoos e bacterias
  4. Por a súa capacidade de descomposición da materia orgánica
16. Qué tipo de nutrición teñen os fungos?
  1. Ambos tipos de nutrición
  2. Autótrofa
  3. Heterótrofa


miércoles, 29 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAIS. 29-04-2020

A guerra da independencia marcou o inicio dun  proceso de descolonización no que España vai perder os seus territorios en América.

INVESTIGA: Países que se independizaron de España no século XIX. (Indica o ano no que acadan esa independencia)
CIENCIAS DA NATUREZA. 29-04-2020

Responde ás seguintes preguntas (lectura páx. 78-79)


1. Pon un exemplo de cada un dos seguintes tipos de fungos.

* Unicelulares: __________________
* Pluricelulares: _________________

2. De que se alimentan os fungos?

3. Que organismo xorde a partir da asociación dunha alga e un fungo?

4. Enumera algún alimento fermentado que coñezas.

5. Escribe os nomes das partes dos fungos con cogomelo que cumpren as función enunciadas a continuación.

*_______________: é a parte do fungo que intervén na súa reproducción.

*_______________: xeran novos fungos.

*_______________: crece baixo a terra e encárgase de absorber o alimento


6. Escribe si se trata dun fungo beneficioso ou prexudicial para as persoas.

Fermento __________            champiñón _____________      

pé de atleta _____________    níscaro ____________        mofo do pan ____________


7. Indica cales son as semellanzas e as diferenzas entre os fungos e as plantas.




viernes, 24 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAIS.

Xogo de preguntas sobres as Idades da Historia. Preme na seguinte ligazón:

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-ciencias/juego-estapas-historicas
Cuadro El 3 de mayo de 1808 en Madrid de Goya: historia, análisis ...
CIENCIAS SOCIAIS.


Cuadro El 3 de mayo de 1808 en Madrid de Goya: historia, análisis ...




Aproveitando a obra de Francisco de Goya (O 3 de maio en Madrid),  responde as seguintes preguntas:

1. Que feito histórico representa o cadro?
2. En que idade histórica se produciu? En que ano e século?
3. Que dous bandos mostra? Quen eran?
4. Que intención cres que tiña o pintor ao reflectir este acontecemento no cadro?
5. Por que é una fonte histórica?

miércoles, 22 de abril de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA.

Lectura: Os fungos e outros seres vivos. (páx. 76)

Responde as seguintes preguntas.

1. Quen eran os césares? Por que o cogomelo da lectura se chama amanita dos césares?
2. Que usan os buscadores de cogomelos para recoñecelos?
3. Se un compañeiro che ofrece uns cogomelos que colleu no monte e que pensa que son comestibles. Que lle contestarías? Por que?
4. Que reinos inclúen seres vivos unicelulares?
5. Que reinos inclúen seres vivos capaces de fabricar o seu alimento?

lunes, 20 de abril de 2020

MATEMÁTICAS.

Exercicios que vos envía María.




CIENCIAS SOCIAIS.

Lee o texto da páx. 94 (xa visto) e responde.
1. Con que nome se coñece popularmente a primeira Constitución promulgada en España?
2. Por que se lle da ese nome?
3. Cantos anos durou?
4. Indica que rei dirixía o noso país nese momento?
5. Enumera algún motivo polo que Fernando VII era contrario a esa nova constitución.
6. A que disnastía pertencía Fernando VII? E o noso actual rei Felipe VI?





viernes, 17 de abril de 2020


CIENCIAS SOCIAIS.











Ver las imágenes de origen










Investiga quen foi Félix Rodríguez de la Fuente e o que fixo, ...

Ten relación co desenvolvemento sustentable? Por que?





ED. FÍSICA.


Traballo atletismo.

1. Fai un listado coas probas de carreiras que se realizan en PISTA CUBERTA en atletismo diferenciando entre velocidade, medio fondo e fondo.

2. Busca información sobre estas tres carreiras  (Dromos, Diaulo e Dólica) que se realizaban nas olimpiadas da Grecia Antiga.











SESIÓN CARDIO - 25 MINUTOS INTENSOS!!


Ola chic@s póñovos unha sesión de aeróbic que podedes realiza se vos apetece.
No blog de adestramento de E.F. do profe Lucas tendes un montón de actividades que podedes facer para tratar de levar o mellor posible estes días de cuarentena. Tamén no blog da profe Begoña podedes atopar vídeos musicais moi chulos para manternos activos disfrutando da música.
Ánimo!  espero  vervos  pronto


miércoles, 15 de abril de 2020

C. SOCIAIS T.5.

Responde as seguintes preguntas.

1. Explica que é o protocolo de Quioto e con que obxectivos se asinou.

2. Propón dúas medidas que se poderían aplicar para evitar os seguintes efectos negativos sobre o medio natural.

     - Aforrar auga:_______________________________________________________________
     - Aforrar electricidade:________________________________________________________
     - Evitar a acumulación de lixo___________________________________________________

3. Que é un espazo natural protexido.

4. Escribe o nome dun parque nacional de España de cada grupo.
   - Parques de alta montaña: ______________________
   - Parques marítimo-terrestres. ___________________
   - Parques de zonas húmidas: ____________________
   - Parques de bosques mediterráneo:_______________
   - Parques volcánicos: __________________________

5. Pensa e explica como se pode explotar a madeira dun bosque dun modo sustentable

martes, 14 de abril de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA. T. 5

Responde as seguintes preguntas.

1. Indica se é verdadeiro (V) ou falso (F).
   - As bacterias máis grandes considéranse pluricelulares.
   - Os fungos, igual ca as plantas, fabrican o seu propio alimento.
   - As plantas e as algas fabrican o seu propio alimento.
   - Al plantas terrestres non se desprazan , pero as acuáticas si.

2. Relaciona as tres columnas.
                Polvo   -                           mamífero -                  
                golfiño -                            molusco  -                       - vertebrado
     ourizo de mar -                                  peixe -
                tiburón -                      equinodermo -                       - invertebrado

3. Escribe o nome do grupo de animais a que se refire cada unha das seguintes descripcións.
   - Son ovíparos e respiran por branquias toda a súa vida:___________________
   - Respiran por pulmóns e teñen a pel cuberta de escamas:__________________
   - Carecen de patas e presentan un corpo brando e alongado:________________
   - O seu corpo é xelatinoso e presentan tentáculos para cazar:_______________

4. Escribe as diferenzas existentes entre os anfibios e os réptiles.

5. Que plantas se reproducen mediante sementes? E mediante esporas?

6. Nomea os órganos onde se encontran as esporas ou as sementes nos seguintes grupos de plantas.
   - Fentos_______________________
   - Musgos______________________
   - Anxiospermas_________________
   - Ximnospermas________________

7. Completa o texto coas palabras axeitadas.
   As plantas ximnospermas presentan flores ______________ e pouco ______________, mentres
que as anxiospermas adoitan ser _______________ e _______________.
   As plantas ximnospermas non producen ________________, xa que as súas sementes se forman
en ______________, ao contrario que as anxiospermas, que si producen ___________, no interior
dos cales se encontran as sementes.

8. Completa o esquema da páxina 73. (Exercicio 3).

miércoles, 1 de abril de 2020

TAREFAS:  CIENCIAS.

CIENCIAS DA NATUREZA.

- Facede un esquema do reino das plantas (páxina 70-71).
- A volta de semana santa pasareivos unhas preguntas sobre este tema.

CIENCIAS SOCIAIS.

- Ler a introdución do tema 6 e respondedes as preguntas do apartado comprende o problema.
- Na vosa libreta iniciades tema novo seguindo as pautas de sempre.

lunes, 30 de marzo de 2020

TAREFAS: CIENCIAS SOCIAIS. C. DA NATUREZA. EDUCACIÓN FÍSICA.

CIENCIAS SOCIAIS.

- Fai un esquema do tema 5. Tende en conta que xa tiñamos fixado a fecha de exame para este tema.
Será OBRIGATORIO a súa presentación.

CIENCIAS DA NATUREZA.

- Busca información e elabora unha lista coas recomendacións a ter en conta para evitar que o coronavirus (COVID-19) se propague.

EDUCACIÓN FÍSICA.

- Chicas/os é importante que nestos días fagades unha rutina de exercicios. Esta debería ser prácticamente diaria tende presente que debemos manternos activos e a actividades física e un xeito ideal para acadalo.
- Puxen no blog (educación física) algún exercicios que vos poden servir de orientación e que son similares aos que facíamos nos circuítos no colexio (se vos acordades).
- Se tendes dificultades a hora de idear exercicios, poñedes no buscador de Google exercicios físicos para circuíto e atoparedes multitude deles.


jueves, 26 de marzo de 2020




EDUCACIÓN FÍSICA.  E.S.O.


Póñovos unha serie de exercicios que vos poden servir de exemplo para facer o traballo que vos pido.

Exemplo de progresión:

   1.   15 segundos de traballo por exercicio e 15 segundos de recuperación para pasar ao seguinte (esta é a pauta que seguíamos nos no cole cando facíamos circuítos) X 2 repeticións
   2.   20 Segundos de repeticións de cada exercicio e 10 segundos de recuperación. X 2 repetic.
   3.   25 segundos de repeticións de cada exercicio e 5  segundos de recuperación. X 2 repetic
   4.   20 segundos de repeticións de cada exercicio sen descanso..... X 3 repeticións


                                       

   Diseñades 10-12 exercicios e debuxádelos de xeito sinxelo (monigote). Tendes infinidade de exemplos se poñedes no buscador imaxes de exercicios para circuíto




 Ola a todos! Benvidos 

Neste blog ireivos deixando tarefas para facer nestes días mentres non voltemos ó colexio.

CIENCIAS DA NATUREZA. Como actividade final fai un esquema do tema 6.  "Os fungos e outros reinos"