miércoles, 29 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAIS. 29-04-2020

A guerra da independencia marcou o inicio dun  proceso de descolonización no que España vai perder os seus territorios en América.

INVESTIGA: Países que se independizaron de España no século XIX. (Indica o ano no que acadan esa independencia)
CIENCIAS DA NATUREZA. 29-04-2020

Responde ás seguintes preguntas (lectura páx. 78-79)


1. Pon un exemplo de cada un dos seguintes tipos de fungos.

* Unicelulares: __________________
* Pluricelulares: _________________

2. De que se alimentan os fungos?

3. Que organismo xorde a partir da asociación dunha alga e un fungo?

4. Enumera algún alimento fermentado que coñezas.

5. Escribe os nomes das partes dos fungos con cogomelo que cumpren as función enunciadas a continuación.

*_______________: é a parte do fungo que intervén na súa reproducción.

*_______________: xeran novos fungos.

*_______________: crece baixo a terra e encárgase de absorber o alimento


6. Escribe si se trata dun fungo beneficioso ou prexudicial para as persoas.

Fermento __________            champiñón _____________      

pé de atleta _____________    níscaro ____________        mofo do pan ____________


7. Indica cales son as semellanzas e as diferenzas entre os fungos e as plantas.




viernes, 24 de abril de 2020

CIENCIAS SOCIAIS.

Xogo de preguntas sobres as Idades da Historia. Preme na seguinte ligazón:

https://www.mundoprimaria.com/juegos-educativos/juegos-ciencias/juego-estapas-historicas
Cuadro El 3 de mayo de 1808 en Madrid de Goya: historia, análisis ...
CIENCIAS SOCIAIS.


Cuadro El 3 de mayo de 1808 en Madrid de Goya: historia, análisis ...




Aproveitando a obra de Francisco de Goya (O 3 de maio en Madrid),  responde as seguintes preguntas:

1. Que feito histórico representa o cadro?
2. En que idade histórica se produciu? En que ano e século?
3. Que dous bandos mostra? Quen eran?
4. Que intención cres que tiña o pintor ao reflectir este acontecemento no cadro?
5. Por que é una fonte histórica?

miércoles, 22 de abril de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA.

Lectura: Os fungos e outros seres vivos. (páx. 76)

Responde as seguintes preguntas.

1. Quen eran os césares? Por que o cogomelo da lectura se chama amanita dos césares?
2. Que usan os buscadores de cogomelos para recoñecelos?
3. Se un compañeiro che ofrece uns cogomelos que colleu no monte e que pensa que son comestibles. Que lle contestarías? Por que?
4. Que reinos inclúen seres vivos unicelulares?
5. Que reinos inclúen seres vivos capaces de fabricar o seu alimento?

lunes, 20 de abril de 2020

MATEMÁTICAS.

Exercicios que vos envía María.




CIENCIAS SOCIAIS.

Lee o texto da páx. 94 (xa visto) e responde.
1. Con que nome se coñece popularmente a primeira Constitución promulgada en España?
2. Por que se lle da ese nome?
3. Cantos anos durou?
4. Indica que rei dirixía o noso país nese momento?
5. Enumera algún motivo polo que Fernando VII era contrario a esa nova constitución.
6. A que disnastía pertencía Fernando VII? E o noso actual rei Felipe VI?





viernes, 17 de abril de 2020


CIENCIAS SOCIAIS.











Ver las imágenes de origen










Investiga quen foi Félix Rodríguez de la Fuente e o que fixo, ...

Ten relación co desenvolvemento sustentable? Por que?





ED. FÍSICA.


Traballo atletismo.

1. Fai un listado coas probas de carreiras que se realizan en PISTA CUBERTA en atletismo diferenciando entre velocidade, medio fondo e fondo.

2. Busca información sobre estas tres carreiras  (Dromos, Diaulo e Dólica) que se realizaban nas olimpiadas da Grecia Antiga.











SESIÓN CARDIO - 25 MINUTOS INTENSOS!!


Ola chic@s póñovos unha sesión de aeróbic que podedes realiza se vos apetece.
No blog de adestramento de E.F. do profe Lucas tendes un montón de actividades que podedes facer para tratar de levar o mellor posible estes días de cuarentena. Tamén no blog da profe Begoña podedes atopar vídeos musicais moi chulos para manternos activos disfrutando da música.
Ánimo!  espero  vervos  pronto


miércoles, 15 de abril de 2020

C. SOCIAIS T.5.

Responde as seguintes preguntas.

1. Explica que é o protocolo de Quioto e con que obxectivos se asinou.

2. Propón dúas medidas que se poderían aplicar para evitar os seguintes efectos negativos sobre o medio natural.

     - Aforrar auga:_______________________________________________________________
     - Aforrar electricidade:________________________________________________________
     - Evitar a acumulación de lixo___________________________________________________

3. Que é un espazo natural protexido.

4. Escribe o nome dun parque nacional de España de cada grupo.
   - Parques de alta montaña: ______________________
   - Parques marítimo-terrestres. ___________________
   - Parques de zonas húmidas: ____________________
   - Parques de bosques mediterráneo:_______________
   - Parques volcánicos: __________________________

5. Pensa e explica como se pode explotar a madeira dun bosque dun modo sustentable

martes, 14 de abril de 2020

CIENCIAS DA NATUREZA. T. 5

Responde as seguintes preguntas.

1. Indica se é verdadeiro (V) ou falso (F).
   - As bacterias máis grandes considéranse pluricelulares.
   - Os fungos, igual ca as plantas, fabrican o seu propio alimento.
   - As plantas e as algas fabrican o seu propio alimento.
   - Al plantas terrestres non se desprazan , pero as acuáticas si.

2. Relaciona as tres columnas.
                Polvo   -                           mamífero -                  
                golfiño -                            molusco  -                       - vertebrado
     ourizo de mar -                                  peixe -
                tiburón -                      equinodermo -                       - invertebrado

3. Escribe o nome do grupo de animais a que se refire cada unha das seguintes descripcións.
   - Son ovíparos e respiran por branquias toda a súa vida:___________________
   - Respiran por pulmóns e teñen a pel cuberta de escamas:__________________
   - Carecen de patas e presentan un corpo brando e alongado:________________
   - O seu corpo é xelatinoso e presentan tentáculos para cazar:_______________

4. Escribe as diferenzas existentes entre os anfibios e os réptiles.

5. Que plantas se reproducen mediante sementes? E mediante esporas?

6. Nomea os órganos onde se encontran as esporas ou as sementes nos seguintes grupos de plantas.
   - Fentos_______________________
   - Musgos______________________
   - Anxiospermas_________________
   - Ximnospermas________________

7. Completa o texto coas palabras axeitadas.
   As plantas ximnospermas presentan flores ______________ e pouco ______________, mentres
que as anxiospermas adoitan ser _______________ e _______________.
   As plantas ximnospermas non producen ________________, xa que as súas sementes se forman
en ______________, ao contrario que as anxiospermas, que si producen ___________, no interior
dos cales se encontran as sementes.

8. Completa o esquema da páxina 73. (Exercicio 3).

miércoles, 1 de abril de 2020

TAREFAS:  CIENCIAS.

CIENCIAS DA NATUREZA.

- Facede un esquema do reino das plantas (páxina 70-71).
- A volta de semana santa pasareivos unhas preguntas sobre este tema.

CIENCIAS SOCIAIS.

- Ler a introdución do tema 6 e respondedes as preguntas do apartado comprende o problema.
- Na vosa libreta iniciades tema novo seguindo as pautas de sempre.

CIENCIAS DA NATUREZA. Como actividade final fai un esquema do tema 6.  "Os fungos e outros reinos"